Friday 17 de May de 2024

Concorrida presentación no Lustres Rivas de Riveira do libro do xornalista Alfredo Amestoy “EN EL CIELO NO HAY CHANEL”


O prestixioso xornalista Alfredo Amestoy acudiu ao Centro Cultural Lustres Rivas para presentar oficialmente en Galicia o seu libro de teatro “En el cielo no hay chanel”.

Máis de medio centenar de persoas acudiron a este evento, que contou coa participación do alcalde riveirense Manuel Ruiz e da concelleira de Cultura, Elvira Pisos. Entre o público, outras autoridades como os alcaldes de Boiro e Porto do Son, Juan José Dieste e Luis Oujo, así como a filla adoptiva da cidade Magdalena Bringas.

Durante a súa intervención, Amestoy contou numerosas anécdotas pouco coñecidas sobre a figura de Marilyn Monroe, a protagonista do texto, que se basea nun hipotético encontro no paraíso celestial da mítica actriz co dramaturgo Arthur Miller, un dos seus maridos.

Actores
Para finalizar a presentación, Olegario Sampedro e Elba Romero exerceron de actores para escenificar ante o público un episodio do libro.

O acto estivo coorganizado pola Asociación Exxpopress de Xornalistas de Galicia e o Concello de Riveira.